martes, 2 de junio de 2015

Benvidos de novo ao blog do noso bosque escola !

Esta é a segunda publicación que compartimos con todos vós , e nela queríamos mostrarvos varias das actividades que temos diseñadas para levar a cabo cos cativos/as e as súas respectivas familias,  ós días que acudan a pasar unha xornada ao noso bosque escola.

A medida que vaiamos avanzando e afianzando as nosas metas e propostas para traballar ao longo do ano, iremos compartindo con todos vós, como é o noso día a día no bosque.

Esperamos que vos gusten e sexan do voso agrado, varias das moitas actividades propostas que temos pensado para traballar con eles  ,  ademáis pensamos  que vos poden servir de  utilidade, ademáis de levalas á cabo cos máis pequenos e  os non tan pequenos.

Un saúdo dende o departamendo de dirección do centro !



ACTIVIDADES PROPOSTAS

1ª Pintamos Belotas


2ª Facemos un magosto


3ª Coñecemos o noso bosque




miércoles, 20 de mayo de 2015

Benvidos/as ó blog do " Bosque Escola O Moucho ".


Somos un grupo de 4 xóvenes que acabamos de obter o título de TSEI ( técnico superior de educación infantil ) e decidimos levar a cabo un proxecto encamiñado ó cumprimento dun desexo en común, un bosque escola, cunha metodoloxía propia, sendo tamén ó mesmo tempo unha alternativa no ámbito da educación non formal, ademáis dun modelo complementario para traballar con aquelas escolas que decidan participar no noso bosque.

Por outra banda, temos por motivo principal traballar coa natureza e os recursos que atopamos nesta, inculcándolles valores educativos ós cativos dun xeito lúdico e cheo de novidosas actividades.

Principalmente o que iremos engadindo e actualizando  no noso blog semanalmente, serán aquelas actividades e anécdotas máis sobresaíntes que vivamos durante as xornadas  que pasemos cos cativos e coas súas familias os días que acudan ó noso bosque.

Iremos engadindo imaxes ou mesmo vídeos,  sempre baixo  o consetimento das escolas e das familias dos cativos/as,  para ir compartindo todas as vivencias con todos os que visiten o noso blog.